dilixencia
lat dīlĭgentĭa
-
s
f
-
Calidade de dilixente.
-
Coidado no cumprimento das obrigas.
-
-
s
f
Cousa ou acción que se fai para solucionar un asunto.
-
-
s
Acta que deixa constancia da maneira e circunstancias en que se executa un acordo ou unha decisión xudicial.
-
s
Manifestación de coñecemento que nun procedemento civil, penal ou administrativo, recolle a constancia dun feito concreto para que un órgano xudicial adopte a resolución que proceda.
-
s
Conxunto de actuacións que conforman un procedemento xudicial.
-
dilixencias preliminares
Actividades previas ao proceso xudicial que o preparan para o inicio do mesmo.
-
dilixencias previas
Instrución previa das causas criminais, na fase anterior á que as mesmas se continúen por calquera das tramitacións procesais previstas.
-
s
-
s
f
Carruaxe grande que se empregou no transporte regular de viaxeiros e que recibiu este nome pola súa velocidade.
Confrontacións
presteza, trámite, xestiónCitas
- A dilixencia de Andrés valeulle un ascenso na empresa
- Levoume toda a mañá facer todas as dilixencias que tiña pendentes
- No caso do narcotraficante lévanse todos os trámites cunha dilixencia extrema
Refráns
- A dilixencia aproveita ás veces máis cá ciencia.
- A dilixencia é nai da boa ventura.
- A dilixencia non quere preguiza nin quere paciencia.
- Ó feito non lle agrada o por facer.
- O feito vence ao por facer.
- O que has facer despois, faino agora.
- O que has facer hoxe non o deixes para mañá.
- O que has facer tarde, faino cedo.
- O que poidas facer hoxe, non o deixes para mañá.
- O que ten ansia non dorme nin descansa.
- Para o que has de facer non digas ¡Mañá!.
- Quen non ten a quen mande, érgase e ande.
- ¡Deus me dea apego ao traballo e o demais que o leve o diaño!