dilixencia

dilixencia

lat dīlĭgentĭa

Plural: dilixencias
  1. s f
    1. Calidade de dilixente.

    2. Coidado no cumprimento das obrigas.

  2. s f

    Cousa ou acción que se fai para solucionar un asunto.

    1. s

      Acta que deixa constancia da maneira e circunstancias en que se executa un acordo ou unha decisión xudicial.

    2. s

      Manifestación de coñecemento que nun procedemento civil, penal ou administrativo, recolle a constancia dun feito concreto para que un órgano xudicial adopte a resolución que proceda.

    3. s

      Conxunto de actuacións que conforman un procedemento xudicial.

    4. dilixencias preliminares

      Actividades previas ao  proceso xudicial que o preparan para o inicio do mesmo.

    5. dilixencias previas

      Instrución previa das causas criminais, na fase anterior á que as mesmas se continúen por calquera das tramitacións procesais previstas.

  3. s f

    Carruaxe grande que se empregou no transporte regular de viaxeiros e que recibiu este nome pola súa velocidade.

Confrontaciones

presteza, trámite, xestión

Citas

  • A dilixencia de Andrés valeulle un ascenso na empresa
  • Levoume toda a mañá facer todas as dilixencias que tiña pendentes
  • No caso do narcotraficante lévanse todos os trámites cunha dilixencia extrema

Refranes

  • A dilixencia aproveita ás veces máis cá ciencia.
  • A dilixencia é nai da boa ventura.
  • A dilixencia non quere preguiza nin quere paciencia.
  • Ó feito non lle agrada o por facer.
  • O feito vence ao por facer.
  • O que has facer despois, faino agora.
  • O que has facer hoxe non o deixes para mañá.
  • O que has facer tarde, faino cedo.
  • O que poidas facer hoxe, non o deixes para mañá.
  • O que ten ansia non dorme nin descansa.
  • Para o que has de facer non digas ¡Mañá!.
  • Quen non ten a quen mande, érgase e ande.
  • ¡Deus me dea apego ao traballo e o demais que o leve o diaño!