diagnóstico -ca
diagnóstico -ca
Plural:
diagnósticos
Masculino:
diagnóstico
Masculino plural:
diagnósticos
Feminino:
diagnóstica
Feminino plural:
diagnósticas
-
adx
Relativo ou pertencente á diagnose.
-
s
m
[MED ]
Acción e efecto de recoñecer a natureza dunha enfermidade polos seus síntomas e signos.
-
s
m
Formulación dunha hipótese a partir da observación de certos indicios.
-
diagnóstico pedagóxico
[PEDAG ]
Diagnóstico que reúne diversos métodos e actividades que examinan a acción pedagóxica nos seus efectos.
-
diagnóstico psicolóxico
[PSIC ]
Diagnóstico que reúne os métodos de determinación das diferenzas inter e intraindividuais respecto das distintas variables psicolóxicas.