destino

destino

destinar

Plural: destinos
  1. s m

    Finalidade para o que está designada algunha cousa.

  2. s m
    1. Función para a que se designa a alguén.

    2. Lugar a onde se envía a alguén a desempeñar un traballo.

  3. s m

    Lugar onde se dirixe unha persoa ou cousa.

  4. s
    1. [RELIX/FILOS ]

      Potencia sobrehumana que fixa por adiantado o curso dos acontecementos e a sorte reservada a cada ser humano.

    2. Porvir de alguén.

Citas

  • O destino dese vaso é decorar a mesa do salón
  • O destino do futbolista a próxima temporada será o Celta, O meu destino este ano é Ferrol porque alí tamén temos estaleiros
  • O destino que lle asignaron na empresa non respondía ás súas expectativas
  • O seu destino era converterse nunha grande artista
  • O tren con destino a Santiago de Compostela leva retraso

Refráns

  • O can sempre será can.
  • O que nace burro, burro morreo
  • Para nacer e morrer todos vimos ao mundo.
  • Que queira que non queira, o burro ha de ir á feira.