despreocupación

despreocupación

despreocupar

Plural: despreocupacións
s f

Estado de despreocupado.

Ex: É evidente a despreocupación dos estados máis ricos polos máis desfavorecidos Ex: Afrontar o traballo con tanta despreocupación levouno á ruína, A súa despreocupación por esta catástrofe demostra o que é

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Afrontar o traballo con tanta despreocupación levouno á ruína, A súa despreocupación por esta catástrofe demostra o que é
  • É evidente a despreocupación dos estados máis ricos polos máis desfavorecidos

Refráns

  • A onde vai o mar vaian as ondas.
  • Andade, chancas, que neste mundo todo é trampas.
  • Ansias alleas matan os burros.
  • Boca con dó non di ¡Bo!.
  • Cabalo aneo non come nin se cansa e, se se cansa moito ¡alá o seu dono!
  • Centeo que non has de colleitar, deixa de o visitar.
  • Co mal doutro calquera dorme/pode.
  • Coidados alleos matan os burros.
  • Comer por forza; mastigar con maña; e o que hoxe non se fixer, mañá se faga.
  • Déixate ir e xa verás o que tes que sufrir.
  • Dó aneo colga dun pelo.
  • Mal alleo, tal mo din, tal o creo.
  • Mal alleo, tal mo din, tal o creo; mais o meu, síntoo eu de seu.
  • Mal aneo colga dun pelo.
  • Mal aneo, tal mo dis, tal cho creo, pero o meu síntoo eu de seu.
  • Males alleos non quitan o sono.
  • Manda e descoida, que non se fará cousa.
  • Nese mercado non entro nin saio.
  • O que non has de comer, déixao cocer.
  • O que non mata, engorda.
  • O que outro súa pouco me dura.
  • Onde vires bullanga, vaite, para non seres testemuña nin parte.
  • Se chove, deixa chover. que parar, hache parar.
  • Se se creba a ola, dese mal morren todas.
  • Tanto leva o diaño o roubado coma o ben gañado.
  • Xa que o trigo non é meu, que o acañe quen o colleu.