desprendemento

desprendemento

desprender

Plural: desprendementos
  1. s m

    Acción de desprender ou desprenderse.

  2. s m

    Calidade de desprendido.

  3. s m [XEOG ]

    Proceso de fragmentación e desprazamento que experimenta unha rocha no sentido da gravidade.

  4. s m [FÍS ]

    Modificación da corrente dun fluído ao redor dun obxecto no que penetra.

  5. s m [FISIOL ]

    Derradeiro momento da expulsión da cabeza do feto durante o parto.

    1. s

      Separación de tecidos que normalmente están adheridos.

    2. desprendemento da epífise

      Desprendemento de orixe traumática que se observa durante o período de crecemento do esqueleto.

    3. desprendemento de retina

      Separación das capas da retina que causa unha cegueira parcial.

    4. desprendemento prematuro de placenta

      Complicación do embarazo que se caracteriza pola separación da placenta da parede uterina antes do parto.

Sinónimos

Citas

  • Mostra o seu desprendemento cos amigos ao deixarlles o coche sempre que llo piden