despedir

despedir

lat expetĕre ‘reclamar’, ‘reivindicar’, derivado de petĕre ‘pedir’

  1. v t
    1. Acompañar ata un determinado punto a unha persoa que se vai.

    2. Separarse unha persoa doutra con palabras ou xestos, propios da despedida.

  2. v t

    Desprender unha persoa ou cousa algo que sae dela.

  3. v t

    Botar a alguén dun traballo ou do cargo que ocupa.

  4. v t

    Celebrar o final de algo.

  5. v pron

    Expresar palabras ou accións propios do momento da separación de dúas persoas.

  6. v pron

    Irse alguén do seu traballo ou cargo.

Sinónimos

Citas

  • A cociña de ferro despide moita calor, Ese rapaz despide un olor insoportable, Esta lámpada despide moita luz
  • Despediron os seus amigos con bicos e abrazos
  • Despedírono cando rematou o contrato
  • Despediuse da fábrica porque atopou un traballo mellor
  • Despediuse da viaxe a Italia no mes de agosto cando viu os prezos, Se perdiches o pasaporte no taxi, despídete del
  • Despediuse de nós moi emocionado
  • Despediuse dos escenarios coa representación de A fiestra baldeira
  • Dixo que se ía despedir de todos antes de coller o avión
  • Fun despedir os meus amigos ao aeroporto
  • Non tiven tempo de ver a túa irmá, por favor, despídenos dela
  • O camión que ía diante de nós despedía grava, O volcán estaba en erupción e despedía lava, O forte impacto despediuno fóra do coche
  • Os vigueses van despedir o ano cunha gran festa

Refráns

  • A ¡ldevos da miña casa! e ¿Que queredes coa miña muller? non hai que responder.
  • Dígolle que se vaia e desate as bragas.
  • Pola porta aberta vaise á eira.
Conxugar
VERBO despedir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despido
despides
despide
despedimos
despedides
despiden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedía
despedías
despedía
despediamos
despediades
despedían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedín
despediches
despediu
despedimos
despedistes
despediron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedira
despediras
despedira
despediramos
despedirades
despediran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedirei
despedirás
despedirá
despediremos
despediredes
despedirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despediría
despedirías
despediría
despediriamos
despediriades
despedirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despida
despidas
despida
despidamos
despidades
despidan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedise
despedises
despedise
despedisemos
despedisedes
despedisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedir
despedires
despedir
despedirmos
despedirdes
despediren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
despide
-
-
despedide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despedir
despedires
despedir
despedirmos
despedirdes
despediren
Xerundio despedindo
Participio despedido
despedida
despedidos
despedidas