despedida

despedida

despedir

Plural: despedidas
  1. s f

    Acción de despedir ou despedirse.

  2. s f

    Celebración organizada para despedir a alguén.

Citas

  • Esa representación foi a despedida dos escenarios
  • Imos comprarlle un regalo para a súa despedida de solteira, Fixémoslle unha cea de despedida cando se foi vivir a Londres

Refráns

  • ¡A man no peito, a pema no leito!
  • ¡Adeus, amo e ama, que tan bo pan coma aquí fano na miña casa!
  • ¡Adeus, paredes, que me vou para lonxe e non sei se máis me veredes!
  • ¡Adeus, veciños, que me mudo de casa e vos deixo soíños, porque me vou por eses camiños!
  • ¡O brazo no peito e a pema no leito!
  • ¡O pe no leito e a man no peito!