desenvolvemento

desenvolvemento

desenvolver

Plural: desenvolvementos
  1. s m

    Acción e efecto de desenvolver ou desenvolverse.

    1. s

      Proceso en que se modifican as condicións das persoas, outorgándolles maiores posibilidades en materias como a educación, a sanidade, a seguridade alimentaria, o emprego ou os ingresos. Aparece recollido no Indice de Desenvolvemento Humano.

    2. desenvolvemento sostido

      Teoría pola que o crecemento económico, a mellora da calidade de vida e o benestar social se conseguen sen esgotar a base dos recursos naturais renovables en que se sustenta e sen deteriorar o medio natural.

    1. s

      Conxunto de procesos que conducen á formación dun individuo completo a partir do óvulo fecundado.

    2. desenvolvemento embrionario

      Proceso que se manifesta no crecemento e maduración dos organismos vivos, en que a división e diferenciación celular converten o cigoto nun ser capaz de vivir libremente e por si mesmo.

    3. desenvolvemento postembrionario

      Proceso de diferenciación e de maduración que transforma o animal que acaba de nacer en adulto mediante unha serie de diferenciacións dos tecidos e dos órganos para chegar á madurez sexual.

    1. s

      Operación que consiste en desenvolver sobre un mesmo plano os elementos sucesivos dunha superficie desenvolvible.

    2. desenvolvemento en serie

      Expresión dunha función real, de variable real ou complexa, f(x) ? en termos dunha serie de funcións.

  2. s m [TECNOL ]

    Relación das poleas (piñón e prato) que transmiten á roda a forza que imprimen as pedaladas dun ciclista.

  3. desenvolvemento da linguaxe [PSIC ]

    Adquisición e desenvolvemento da linguaxe como consecuencia do desenvolvemento do sistema nervioso central.