desenvolvemento
desenvolver
-
s
m
Acción e efecto de desenvolver ou desenvolverse.
-
-
s
Proceso en que se modifican as condicións das persoas, outorgándolles maiores posibilidades en materias como a educación, a sanidade, a seguridade alimentaria, o emprego ou os ingresos. Aparece recollido no Indice de Desenvolvemento Humano.
-
desenvolvemento sostido
Teoría pola que o crecemento económico, a mellora da calidade de vida e o benestar social se conseguen sen esgotar a base dos recursos naturais renovables en que se sustenta e sen deteriorar o medio natural.
-
s
-
-
s
Conxunto de procesos que conducen á formación dun individuo completo a partir do óvulo fecundado.
-
desenvolvemento embrionario
Proceso que se manifesta no crecemento e maduración dos organismos vivos, en que a división e diferenciación celular converten o cigoto nun ser capaz de vivir libremente e por si mesmo.
-
desenvolvemento postembrionario
Proceso de diferenciación e de maduración que transforma o animal que acaba de nacer en adulto mediante unha serie de diferenciacións dos tecidos e dos órganos para chegar á madurez sexual.
-
s
-
-
s
Operación que consiste en desenvolver sobre un mesmo plano os elementos sucesivos dunha superficie desenvolvible.
-
desenvolvemento en serie
Expresión dunha función real, de variable real ou complexa, f(x) ? en termos dunha serie de funcións.
-
s
-
s
m
[TECNOL ]
Relación das poleas (piñón e prato) que transmiten á roda a forza que imprimen as pedaladas dun ciclista.
-
desenvolvemento da linguaxe
[PSIC ]
Adquisición e desenvolvemento da linguaxe como consecuencia do desenvolvemento do sistema nervioso central.