descomposición

descomposición

descompoñer

Plural: descomposicións
  1. s f

    Acción e efecto de descompoñer ou descompoñerse.

    1. descomposición dun polinomio

      Expresión dun polinomio como produto dos polinomios de grao menor.

    2. descomposición en factores primos en

      M Propiedade do conxunto dos números enteiros M segundo a que todo número enteiro non nulo pode expresarse dunha maneira única na forma b=s(p 1 ) a1 ... (p n ) an , onde s=1 ou -1, os p i son números diferentes e os a i son números naturais non nulos.

  2. s m [QUÍM ]

    Proceso polo que unha molécula dunha substancia composta se rompe noutras máis simples.

  3. s f [BIOL ]

    Degradación metabólica da materia orgánica en compostos simples, orgánicos e inorgánicos, que produce liberación de enerxía.

  4. s f [LING ]

    segmentación.

Sinónimos

Confrontacións

cagarría, furrica, furriqueira

Citas

  • Colleu unha descomposición porque as ostras estaban en mal estado