aglomeración
aglomeración
lat agglomeratione
-
s
f
Acción e efecto de aglomerar ou aglomerarse.
-
s
f
Agrupamento moi grande de cousas ou persoas.
-
s
f
Agrupamento de substancias en pó nunha masa compacta.
-
s
f
Conxunto de vivendas compacto e de calquera dimensión.
-
s
f
Acción de reunir partículas de pequenas dimensións, homoxéneas ou heteroxéneas, en masas, máis ou menos compactas, de maior dimensión, sen facelas pasar polo estado líquido. Casos particulares de aglomeración son a granulación, a nodulación, a compactación, a sinterización e, en termos xerais, a extrusión.
Citas
- A aglomeración de materiais provocou un atasco no conducto
- A aglomeración de tanta xente producíame afogo