abeto

abeto

lat v abēte lat c abiĕte

Plural: abetos
  1. s m [PLANTA ]

    Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes, presentes só nos macroblastos.

  2. abeto branco [PLANTA ]

    Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.

  3. abeto caucasiano [PLANTA ]

    Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.

  4. abeto de Douglas [PLANTA ]

    Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.