dedución

dedución
Plural: deducións
  1. s f

    Acción e resultado de deducir.

    1. s

      Razoamento mediante o que se conclúe dunha ou máis proposicións, outra que é a consecuencia, en virtude dunhas regras lóxicas.

    2. dedución natural

      Método de lóxica que consiste nunhas regras de inferencia, válidas na lóxica proposicional e cuantificacional.

  2. dedución fiscal [ECON ]

    Cota que se deduce da renda taxable sometida a imposición fiscal co obxectivo de obter unha mellor redistribución da renda.

Formas incorrectas

deducción

Palabras veciñas

dedo deducibel deducible dedución deducir dedutivo -va deesis*