declaración
lat declaratĭōne
-
s
f
Acción e efecto de declarar ou declararse.
-
-
s
Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público ou tribunal.
-
s
Exposición, feita normalmente por escrito, dos impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.
-
s
Acto unilateral realizado por un estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais.
-
declaración de guerra
Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.
-
declaración de inconstitucionalidade
Sentenza emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución.
-
declaración falsa
Delito contra a administración de xustiza que consiste na alteración da verdade nunha declaración susceptible de producir efectos xurídicos, en particular, no falso testemuño formulado contra o reo en causa criminal.
-
declaración xurada
Manifestación oral, escrita ou mímica, feita baixo xuramento a requirimento da autoridade xudicial ou administrativa, ou de xeito voluntario ante notario.
-
s
-
declaración tributaria/da renda
[DER ]
Documento que o suxeito pasivo lle presenta á administración tributaria, no que se recollen as circunstancias que constitúen o feito impoñible dun tributo.
Citas
- Dous meses depois da declaración da enfermidade xa non había cura, Fíxolle unha declaración amorosa ao estilo trobadoresco
- O acusado prestou declaración perante o xuíz, O tribunal de xustiza tomoulle declaración á testemuña do acusado