declaración

declaración

lat declaratĭōne

Plural: declaracións
  1. s f

    Acción e efecto de declarar ou declararse.

    1. s

      Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público ou tribunal.

    2. s

      Exposición, feita normalmente por escrito, dos impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.

    3. s

      Acto unilateral realizado por un estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais.

    4. declaración de guerra

      Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.

    5. declaración de inconstitucionalidade

      Sentenza emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución.

    6. declaración falsa

      Delito contra a administración de xustiza que consiste na alteración da verdade nunha declaración susceptible de producir efectos xurídicos, en particular, no falso testemuño formulado contra o reo en causa criminal.

    7. declaración xurada

      Manifestación oral, escrita ou mímica, feita baixo xuramento a requirimento da autoridade xudicial ou administrativa, ou de xeito voluntario ante notario.

  2. declaración tributaria/da renda [DER ]

    Documento que o suxeito pasivo lle presenta á administración tributaria, no que se recollen as circunstancias que constitúen o feito impoñible dun tributo.

Citas

  • Dous meses depois da declaración da enfermidade xa non había cura, Fíxolle unha declaración amorosa ao estilo trobadoresco
  • O acusado prestou declaración perante o xuíz, O tribunal de xustiza tomoulle declaración á testemuña do acusado