cuxita

cuxita

antropónimo Cuš, fillo de Cam

Plural: cuxitas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo cuxita.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do antigo pobo cuxita.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo africano, influído pola cultura exipcia, que se desenvolveu nas chairas do Nilo a partir do II milenio a C.

  4. linguas cuxitas [LING ]

    Grupo de linguas afroasiáticas, entre as que se inclúen o bexa, o saho, o afar e o somalí, que se falan nunha rexión que se estende desde Bāb al Mandab ata Kenya, e desde o deserto de Exipto ata Tangañika.