afonsino -na

afonsino -na

Rei Afonso

Plural: afonsinos Masculino: afonsino Masculino plural: afonsinos Feminino: afonsina Feminino plural: afonsinas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.

  2. s [HIST ]

    Partidario de Afonso XII e do afonsismo.

  3. adx [LIT ]

    Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.

  4. s m [NUMIS ]

    Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.

  5. táboas afonsinas [ASTRON ]

    Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e  paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.

Citas

  • No período afonsino producíronse as cantigas marianas de Afonso X
  • O dereito foral da Coroa de Castela está recollido nas Partidas afonsinas