couto

couto

lat cautu, p p de cavēre ‘precaverse’

Plural: coutos
  1. s m

    Terreo ou conxunto de terreos cercados sobre os que existe algunha prohibición, particularmente de caza ou pesca.

  2. s m

    Terreo de monte cercado.

  3. couto xurisdicional [HIST ]

    Terreo baixo a xurisdición dun señor, eclesiástico ou laico, que exerce as funcións características do poder público.

Sinónimos

Citas

  • A Garda Civil atopouno cazando co can dentro do couto
  • Onde hoxe está a casa antigamente había un couto