couto
couto
lat cautu, p p de cavēre ‘precaverse’
-
s
m
Terreo ou conxunto de terreos cercados sobre os que existe algunha prohibición, particularmente de caza ou pesca.
-
s
m
Terreo de monte cercado.
-
couto xurisdicional
[HIST ]
Terreo baixo a xurisdición dun señor, eclesiástico ou laico, que exerce as funcións características do poder público.
Sinónimos
Citas
- A Garda Civil atopouno cazando co can dentro do couto
- Onde hoxe está a casa antigamente había un couto