corvo
lat corvu
-
-
s
Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.
-
corvo común [Corvus corone]
Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.
-
corvo grande [Corvus corax]
Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.
-
s
-
-
corvo mariño
Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.
-
corvo mariño cristado [Phalacrocorax aristotelis]
Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.
-
corvo mariño grande [Phalacrocorax carbo]
Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.
-
corvo mariño pequeno [Phalacrocorax pygmeus]
Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.
-
corvo mariño
-
gran de corvo
[FUNGO ]
cornizó.
Refranes
- Corvos en bandada, ou sombra ou preada.
- Cría corvos e tiraranche os ollos.
- Despois de vendimas, corvos.
- Os corvos en bandada ventan presada.