cortar

cortar

lat curtāre

  1. v t

    Facer unha fenda nun obxecto cun instrumento con gume.

  2. v t

    Producir unha ferida co gume dun obxecto a alguén. Tm v pron.

  3. v t
    1. Impedir que algo continúe ou se propague.

    2. Facer que cese o paso ou a saída de algo ou a comunicación entre dúas cousas.

  4. v t

    Dar a forma necesaria coas tesoiras a un tecido co que se vai confeccionar unha peza de roupa.

  5. v t

    Interromper a alguén que estaba falando ou algo que se estaba desenvolvendo ou executando. Tm v pron.

  6. v t

    Separar a baralla en dúas partes asimétricas.

  7. v t [MAT ]

    Compartir un punto común dúas liñas ou unha liña dúas superficies.

  8. v i

    Dirixirse a un lugar determinado polo camiño máis curto.

  9. v pron

    Derramarse algo ao separarse a parte líquida da sólida.

  10. v pron [MAT ]

    Cruzarse dúas liñas nun punto ou nunha liña dúas superficies.

Sinónimos

Citas

  • A xente cortou o castiñeiro para queimar no inverno
  • A xente miraba como o barco cortaba a auga
  • Corta o café porque lle é moi forte
  • Corta un pouco máis ese vestido se queres que se che axuste ben ao corpo
  • Cortaron o mal de raíz, Cortaron o lume para que non pasase para o outro lado da estrada
  • Cortáronlles a luz e a auga aos veciños sen avisar, Os médicos cortan a hemorraxia cun apósito, A rúa estaba cortada por obras, As tropas inimigas cortáronlle o paso
  • Cortou as verduras para a ensalada
  • Cortou un anaco de queixo e merendou con el
  • Cortouse nunha perna e non puido ir de vacacións
  • Cortóuselle a cara co frío
  • Hai que afiar as tesoiras que xa non cortan
  • Nas dictaduras cortan moitas obras
  • Non me puido dicir o máis importante porque se cortou o teléfono
  • O frío cortoulles os beizos
  • O limón corta o leite
  • Ó neno gústalle moito cortar a baralla, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Dou eu e corta ti
  • O sistema montañoso corta a rexión en dúas metades
  • Ó ver tanta xente cortouse
  • Os nenos cortaron na escola as figuras da primeira lección
  • Quedou cortado cando viu os seus pais na festa, O que lle dixo cortouno e xa non lle soubo contestar
  • Se cortas pola dereita chegas antes
  • Sempre corta o pelo na mesma perruquería
  • Sempre o corta cando está dicindo o máis interesante, Os organizadores cortaron a conferencia antes da hora, Cortaron a relación porque non se entendían
  • Un irmán cortou o outro nunha man

Frases feitas

  • Afeita que corta. Apl

  • 2 Apl

  • 2 Apl

  • Corta o que ve e deixa o que atopa. 1 Ser un fantoche.

  • Cortar as pedras. Conmover.

  • Cortar o bacallao. Ter o mando ou dirixir algunha cousa.

  • Cortar o sieiro/o aire coa fouce. 1 Ser orgulloso.

  • Cortar os dentes. Causar denteira.

Conxugar
VERBO cortar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corto
cortas
corta
cortamos
cortades
cortan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortaba
cortabas
cortaba
cortabamos
cortabades
cortaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortei
cortaches
cortou
cortamos
cortastes
cortaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortara
cortaras
cortara
cortaramos
cortarades
cortaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortarei
cortarás
cortará
cortaremos
cortaredes
cortarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortaría
cortarías
cortaría
cortariamos
cortariades
cortarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corte
cortes
corte
cortemos
cortedes
corten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortase
cortases
cortase
cortasemos
cortasedes
cortasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortar
cortares
cortar
cortarmos
cortardes
cortaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corta
-
-
cortade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortar
cortares
cortar
cortarmos
cortardes
cortaren
Xerundio cortando
Participio cortado
cortada
cortados
cortadas