corta

corta

cortar

Plural: cortas
    1. s

      Acción e efecto de cortar árbores ou froitos.

    2. corta de mellora

      Labores de corta aos que se somete unha masa forestal para eliminar as árbores que non obedecen a uns criterios previos.

    3. corta selectiva

      Labores de corta aplicados a unha masa forestal pola que se pretende favorecer a reprodución natural da mesma.

  1. s f
    1. Roedor dos xéneros Microtus, Cletrionomys ou Chionomys, da subfamilia dos microtinos de corpo e pescozo grosos e patas e cola curtas. Caracterízase porque os dentes médranlle continuamente. Son animais gregarios de vida subterránea.

  2. s f [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto, da familia dos grilotálpidos, de corpo groso acastañado, cuberto de pelos finos e patas anteriores modificadas para escavar.

  3. s f

    Rego por onde se distribúe a auga para regar.

Palabras veciñas

corso corso -sa corta corta corta- cortábel cortable