corso

corso

lat cursu ‘carreira’

Plural: corsos
  1. s m [HIST ]

    Campaña naval emprendida por particulares, provistos dunha autorización (patente de corso) concedida polo seu goberno, contra as naves inimigas ou a pirataría. Desde a Idade Media empregouse amplamente nas guerras entre os estados marítimos.

  2. armar en corso [HIST ]

    Dispoñer convenientemente un buque mercante para accións de guerra.

  3. patente de corso
    1. [HIST/DER ]

      Permiso que se lle concede a alguén para realizar unha acción xurídica.

    2. Autorización que permite actuar de acordo coa da lei do máis forte, sen atender á norma nin aos dereitos dos demais.