tronco

tronco

lat truncu

Plural: troncos
  1. s m [BOT ]

    Parte dunha árbore ou arbusto máis próxima ás raíces.

  2. s m
    1. Parte do corpo con excepción da cabeza e das extremidades.

    2. Parte principal dun vaso ou dun nervio.

  3. s m [XEN ]

    Conxunto de individuos que presenta un ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos.

  4. s m

    Orixe común a varios elementos do que parten ou concorren outros menores.

  5. s m [MAT ]

    Sólido formado pola parte dun cono, dunha pirámide ou dun prisma, comprendida entre a base e unha sección transversal.