cor

cor

lat colōre

Plural: cores
    1. s

      Calidade da sensación producida nun observador polo efecto distinto que provocan na retina as luces de diferentes lonxitudes de onda, comprendida entre uns 380 e uns 760 nm no caso do ollo humano.

    2. cor adxectiva

      Cor que necesita doutras substancias para fixarse sobre os tecidos.

    3. cor binaria/secundaria

      Cor que resulta da mestura de dúas cores primarias.

    4. cor cálida/saínte

      Cada unha das cores que van do amarelo ao vermello, que se caracterizan por expandir a luz.

    5. cor complementaria

      Cor que, mesturada de forma aditiva e na proporción adecuada con outra, dá como resultado a cor branca.

    6. cor espectral

      Cor do espectro solar visible.

    7. cor fría/entrante

      Cor que vai desde o verde ata o violeta que se caracterizan por absorber a luz e suxerir profundidade.

    8. cor primaria

      Cor (azul, amarelo e vermello) tomada como patrón e da que se pode obter calquera outra por mestura aditiva nas proporcións axeitadas.

  1. s f

    Cada unha das impresións diferentes que recibe o sentido da vista.

  2. s f

    Coloración da cara que reflicte o estado físico da persoa.

  3. s f

    Elemento que engade unha determinada calidade ou maior interese ás cousas.

  4. s f [FÍS ]

    Carga dos quarks que representa, na interacción forte, un papel análogo ao que fai a carga eléctrica na interacción electromagnética.

  5. s f [QUÍM ]

    Preparación que se utiliza para pintar ou tinguir calquera materia.

  6. cor litúrxica [RELIX ]

    Cor dos adornos litúrxicos (branco, vermello, verde, morado, negro e azul) segundo os ciclos, as festas do ano litúrxico ou o carácter da celebración.

Sinónimos

Citas

  • Ese asunto dos narcotraficantes non ten moi boa cor
  • Gústame a cor vermella desa saia
  • O seu amigo ten cor amarela, parece que está enfermo
  • Os mobles que mercaron déronlle unha nova cor ao local