coquina

coquina
Nome científico: Donax vittatus Plural: coquinas
s f [ANIMAL ]

Molusco bivalvo, da familia dos donácidos, de cuncha que mide o dobre de longa que de ancha, e que presenta bordo dentado e vértice descentrado, superficie lisa e brillante de cor variable e dous sifóns curtos. Aparece nas praias de area fina e lixeiramente lamacenta, nas embocaduras dos ríos e en lagoas litorais. OBS: Tamén se denomina cadelucha, navalliña e ameixa negra.