convención
lat conventĭōne ‘pacto’
-
s
f
-
Acordo que se establece entre varias persoas sobre un asunto relevante e común.
-
[DER ]
Axuste e concerto entre dúas ou máis persoas ou entidades que se constitúe como un negocio xurídico bilateral de natureza patrimonial ou doutra clase.
-
[DER ]
Acto xurídico internacional entre dous ou máis estados que establecen acordos sobre normas xurídicas ou que regulan importantes intereses colectivos.
-
-
s
f
-
Aquilo que se establece por acordo expreso ou tácito entre os homes e que se constitúe como costume, opinión ou regra.
-
[LIT ]
Conxunto de regras, técnicas e recursos fixados polo costume ou pola tradición e admitidos como modelos para a creación artística.
-
-
s
f
-
Reunión de persoas dun mesmo oficio para tratar asuntos profesionais.
-
[POLÍT ]
Asemblea de representantes do pobo reunida para dar vida a un novo estado, para elaborar unha constitución ou modificala, ou para substituír ou cambiar as formas de goberno existentes.
-
Sinónimos
Confrontacións
asemblea, conferencia, congreso, simposioCitas
- As convencións sociais obrigárono a actuar así
- Vaise celebrar unha convención sobre os novos avances médicos