convección
convección
lat convectĭōne
-
s
f
[FÍS ]
Transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento que se produce nun fluído polo movemento do conxunto das súas moléculas.
-
s
f
[FÍS ]
Proceso que consiste na produción dunha corrente eléctrica por medio do transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico.
-
correntes de convección
[METEOR ]
Movemento vertical das masas de aire na atmosfera debido ao diferente grao de quecemento das capas de aire próximas ao solo.
-
teoría da convección
[FÍS ]
Teoría que explica a xénese do campo magnético terrestre baseándose na existencia de lentos movementos de convección no interior da Terra, orixinados polas diferenzas de temperatura das rochas radioactivas.