consultorio

consultorio

lat consultorĭu

Plural: consultorios
  1. s m

    Establecemento onde se informa sobre cuestións técnicas.

  2. s m

    Local ou establecemento particular en que un ou varios médicos examinan enfermos.

  3. s m

    Sección dun medio de comunicación que dá resposta a preguntas do público sobre determinados asuntos.

Confrontacións

consulta

Citas

  • Antes de abrir o negocio imos asesorarnos nun consultorio sobre temas fiscais
  • Enviamos unha carta ao consultorio da sexóloga do xornal e aínda non nos respondeu
  • No consultorio que me recomendou, todos os médicos son especialistas en pediatría