constancia
constancia
lat constantĭa
-
s
f
Calidade de constante.
-
s
f
Acción e efecto de facer constar algunha cousa.
-
constancia perceptiva
[PSIC ]
Tendencia da percepción a non variar, malia as modificacións do obxecto, segundo a psicoloxía da forma.
Sinónimos
Antónimos
Confrontacións
tesónCitas
- Deberiamos estudiar con constancia para aprobar todo o curso antes do verán
- Non existe constancia do acordo asinado o ano pasado
Refráns
- A peneda é dura e a auga é miuda mais, caín do caíndo, fai cavadura.
- A que fía cada día un ovo de galiña, non pedirá camisa á veciña.
- Algo alcanza aquel que non cansa.
- Andando, andando, vaise a lonxe / vaise chegando.
- Auga branda en pedra dura tanto dá, que fai cavadura.
- Auga mol en pedra dura, pouquichiño a pouco fura.
- Camiña vagariño e andarás moito camiño.
- Dos moitos poucos fanse os poucos moitos.
- Non hai pan sen afán.
- O que non cae á maza, cae á espadela.
- Pouco a pouco vaise a lonxe.
- Pouquiño a pouco chégase a todo.