consorcio
consorcio
lat consortĭu
-
s
m
Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.
-
s
m
[DER ]
Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas.
-
s
m
[ECON ]
Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servizos e bens públicos.
-
s
m
[BIOL ]
Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.
Citas
- As asociacións de veciños fixeron un consorcio para reivindicar mellores servicios