conmoción
conmoción
lat commōtiōne
-
s
f
Acción e efecto de poñer en movemento ou axitar algunha cousa que estaba asentada.
-
s
f
Perturbación violenta do ánimo.
-
s
f
[PAT ]
Trastorno de orixe traumática das funcións celulares dun órgano, xeralmente con repercusións noutros afastados ou pegados a el, sen lesión anatómica.
Citas
- A noticia do accidente causou unha forte conmoción na súa casa, As súas declaracións causaron unha gran conmoción política
- Producíronse numerosas conmocións xeolóxicas en Triacastela