confidente

confidente

lat confīdente, p activo de confīdĕre ‘confiar’

Plural: confidentes
  1. s

    Persoa que recibe as confidencias de alguén.

  2. s

    Persoa que colabora con outras e que lles fai confidencias sobre terceiros individuos que non sospeitan da súa traizón.

  3. s m

    Moble de salón, de orixe francesa, que permitía a dúas persoas sentarse de lado pero confrontadas.

Citas

  • A súa confidente escoitaba atenta os seus desenganos amorosos
  • Aquel individuo é confidente da policía, Durante a guerra foi unha das confidentes do inimigo