condena
condena
condenar
-
s
f
Clase e extensión dunha pena.
-
s
f
[DER ]
Parte decisoria da sentenza en que se impón ao acusado unha obriga.
-
s
f
Posicionamento en contra de algo.
-
condena con custas
[DER ]
Pronunciamento da sentenza que obriga a un dos litigantes, o que actuou con temeridade ou mala fe, a facerse cargo dos gastos xudiciais que orixina o procedemento.
-
condena condicional
[DER ]
Suspensión do cumprimento da pena imposta ao delincuente coa condición de que o suxeito non volva delinquir ou cumpra unha serie de requisitos ou cargas legalmente previstas.
Citas
- A súa condena é ter que se levantar cedo todos os días
- No relatorio fixo unha condena da explotación infantil