concurso

concurso

lat concursu

Plural: concursos
  1. s m

    Competición entre diversas persoas para acadar un premio ou un título.

    1. s

      Sistema de selección de persoal propio das administracións públicas que se fundamenta na avaliación dos méritos dos concursantes.

    2. s

      Forma de adxudicación na contratación administrativa que consiste en preferir o oferente que faga a proposición máis vantaxosa sen atender ao valor económico da mesma e sen prexuízo da administración a declaralo deserto.

    3. concurso oposición

      Sistema de selección de persoal para as administracións públicas que combina a avaliación dos méritos dos concursantes coa celebración de probas de capacidade.

    4. concurso poxa

      Sistema de adxudicación de contratos administrativos que combina a concreción da mellor oferta económica coa avaliación doutras condicións dos licitadores.

  2. s m

    Conxunto de persoas reunidas nun lugar.

  3. s m

    Acción de contribuír unhas persoas con outras para acadar a consecución dun resultado.

  4. concurso de acredores [DER ]

    Procedemento de execución colectiva do patrimonio do debedor insolvente que ten por finalidade a agrupación dos acredores para poder satisfacer os seus dereitos.

Sinónimos

Citas

  • Firmouse naquel lugar venerado un gran concurso de xente chegada de todas partes
  • Fomos quen de rematar a obra no prazo previsto gracias ao concurso de todos
  • Gañei un coche no concurso de televisión
  • Participou nun concurso de poesía e acadou o segundo premio, Nomeárona primeira dama de honor nun concurso de beleza
  • Un concurso de casualidades fixeron que me presentase ao casting