con

con

lat cum

  1. prep

    Expresa compañía ou proximidade.

  2. prep

    Expresa relación entre persoas ou cousas.

  3. prep
    1. Expresa sentimento ou maneira, modo ou forma de realizar algo.

    2. Expresa modo, posesión ou contido.

  4. prep

    Expresa medio ou instrumento.

  5. prep

    Expresa choque, enfrontamento físico ou moral.

  6. prep

    Introduce o obxecto sobre o que incide a acción do verbo.

  7. prep

    Adquire valor concesivo e equivale a ‘a pesar de’, ‘aínda que’.

  8. prep

    Adquire valor condicional cando vai seguida de infinitivo. OBS: Contrae co artigo determinado e dá lugar ás formas co, coa, cos e coas; e co artigo indeterminado dando lugar ás formas cun(s) e cunha(s).

Citas

  • Bateu coa pedra, Gañou a loita co cancro, Loitou cos maquis na Guerra Civil española), OBS: A anfiboloxía dalgúns destes enunciados fai que o equívoco se aclare se se utiliza canda ou contra
  • Cheguei con el ao teatro, Saíron da casa co inicio da choiva), OBS: Neste caso pode alternar con canda e con a
  • Colocou as flores, que recolleu hoxe pola mañá, coas de onte, Non xuntes a leña mollada coa seca, Cos amigos falaba de arranxar o mundo; cos colegas, dos avances da ciencia; e coa filla non faltaba día en que non lle contase unha nova historia), OBS: Concorre con onda, a carón de e con outras formas equivalentes
  • Compara o que ti tes co meu, A túa contestación non ten nada que ver coa miña, Un anda de troula co outro)
  • Con esforzáreste un pouco máis acadas a praza), OBS: Con este valor alterna co xerundio e coa expresión con que + forma persoal ( Con redactares tres liñas abonda/Redactando tres liñas abonda/Con que redactes tres liñas abonda), A preposición con contrae co artigo determinado (o, a os, as) dando lugar ás formas co, coa, cos e coas, respectivamente ( Estudiou co teu irmán, Colleuno coa man, Foi de excursión cos colegas, Xuntou os tomates coas cebolas); e co artigo indeterminado (un, unha, uns e unhas) dando lugar ás formas cun, cunha, cuns e cunhas, respectivamente ( Xuntou un suxeito cun verbo, Saíu cunha mochila ao lombo, Experimentaron cuns coellos de Indias, Chegou cunhas botellas rotas)
  • Con seren de moi boa calidade, prefiro aqueloutros), OBS: Con este valor tamén se rexistran as expresións con todo e con todo e iso ( O resultado final é aceptable, con todo podemos superalo)
  • Cortou o dedo co coitelo, A solidariedade non se paga con diñeiro)
  • É unha rapaza con ollos de cor abelá, Quería un coche con aire acondicionado, Atopou un baúl con moitos tesouros, Serviulle un vaso con auga)
  • mente ( O seu relato está escrito con moita sinxeleza/sinxelamente), Ademais segue a manter o seu valor modal en moitas frases feitas: con boa man, con bo pé, con dor da alma, etc
  • Morreu coa pena, Hoxe produciuse o último mitin do partido e con iso péchase a campaña), OBS: Con este valor tamén se rexistra a expresión con que ( Dixo que non quería participar na reunión, con que non o volvas chamar)
  • O trato co seu pai non é moi cordial, A súa teoría non concorda coa miña)
  • Relataba afervoadamente o que sucedera na vila coa voda do seu fillo)
  • Sempre fai as cousas con moita atención, Non aguantou máis e contestou con rabia), OBS: En moitos casos equivale ao seu correspondente adverbio en
  • Sempre pasea con ela, Foi cos amigos ao cine)
  • Ten esperanzas de saír con ela)
  • Tirou co prato, pero non se esnaquizou, Ía pola rúa e tropecei con el, Acabou co libro que estaba a escribir, A pesar de todo, cangou ela coas culpas)
  • Xoán desafiouse con Manel, Nós carteámonos con eles)

Palabras veciñas

comunitarismo comuñón con con con- cona coñac