compadre
compadre
lat compātre ‘o que é pai xunto con outro’
-
s
m
Padriño de bautizo ou de confirmación dunha persoa, con relación aos pais ou á madriña.
-
s
m
Pai dunha persoa con relación aos padriños.
-
s
m fam
Amigo moi achegado.
-
-
s
Boneco de palla ao que se lle prende lume o xoves de Entroido.
-
xoves de compadres
Festa que se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves de Entroido e na que se enfrontan homes e mulleres por medio de cancións e un boneco de palla e trapos de sexo masculino.
-
s
Citas
- Meu pai non quere ver diante o seu compadre
- ¿E teu fillo por que non saúda o seu compadre?
Refráns
- De compadre a compadre, nos ollos sangue.
- ¿Como estades, comadre? -Ó voso servicio, señor compadre.