coidar

coidar

lat cogitāre ‘pensar’

  1. v t

    Intuír ou reflexionar sobre algo.

  2. v t

    Poñer atención no que se fai ou no que se di para que saia ben.

  3. v t
    1. Ter coidado de alguén ou dalgunha cousa.

    2. Atender a un enfermo. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición de.

  4. v pron

    Preocuparse polo propio estado físico.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A irmá máis vella coidaba sempre os pequenos, Estaba coidando as ovellas na camposa, OBS: Pode empregarse seguido da preposición de (O can non coidou da casa e entraron os ladróns)
  • Coida moito a súa forma de vestir, Sempre que fala en público coida a súa expresión
  • Coidaba que tiña un bo día, pero non foi así
  • Cóidate de non pasar máis por ese sitio
  • Coidou a súa avoa durante toda a enfermidade, OBS: Pode empregarse seguido da preposición de (A enfermeira coida moi ben dos enfermos)
  • Desde o accidente cóidase moito máis
Conxugar
VERBO coidar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coido
coidas
coida
coidamos
coidades
coidan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidaba
coidabas
coidaba
coidabamos
coidabades
coidaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidei
coidaches
coidou
coidamos
coidastes
coidaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidara
coidaras
coidara
coidaramos
coidarades
coidaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidarei
coidarás
coidará
coidaremos
coidaredes
coidarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidaría
coidarías
coidaría
coidariamos
coidariades
coidarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coide
coides
coide
coidemos
coidedes
coiden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidase
coidases
coidase
coidasemos
coidasedes
coidasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidar
coidares
coidar
coidarmos
coidardes
coidaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
coida
-
-
coidade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coidar
coidares
coidar
coidarmos
coidardes
coidaren
Xerundio coidando
Participio coidado
coidada
coidados
coidadas