cohorte

cohorte

lat cohorte

Plural: cohortes
  1. s f [HIST/BÉL ]

    Unidade táctica da lexión romana constituída por seis centurias dirixidas por un tribuno militar.

  2. s f

    Serie numerosa.

  3. s f [BIOL ]

    Categoría taxonómica comprendida entre a clase e a orde.

  4. s f [DEMOG ]

    Conxunto de individuos que viven de maneira simultánea un mesmo acontecemento durante un determinado período de tempo.

Citas

  • A cohorte fortemente armada asaltou o castelo