coello -lla

coello -lla
Plural: coellos Masculino: coello Masculino plural: coellos Feminino: coellla Feminino plural: coelllas
  1. s [ANIMAL ]

    Mamífero, da familia dos lepóridos, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes adecuadas para desprazarse con saltos e cunha pelaxe curta, gris e acastañada. Aliméntanse de plantas herbáceas, e durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia.

  2. coello africano [ANIMAL ]

    Lagomorfo, da familia dos lepóridos, de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo.

  3. coello de Indias [ANIMAL ]

    cobaia.

Refráns

  • Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
  • O coellO, por san Xoán; e a perdiz, por Navidá.

Palabras veciñas

coella coelleira coelleiro -ra coello -lla coencima cóengo coenlla