cobaltita
cobaltita
cobalto + 2 -ita
s
f
[MINERAL ]
Sulfuro de arsénico e cobalto que cristaliza no sistema cúbico. Pertence ao grupo de minerais da pirita e os cristais teñen forma de hexaedro ou de octaedro. Ten unha cor branca prateada con tons vermellos ou tamén gris aceiro con tinturas violáceas.