cóbado

cóbado

lat cubĭtu

Plural: cóbados
  1. s m [ANAT ]

    Articulación do brazo co antebrazo e as partes brandas.

  2. s m [TECNOL ]

    Parte dunha peza en forma de cóbado.

  3. s m [METROL ]

    Medida de lonxitude, duns 42 cm, que equivale á distancia do cóbado ata a punta dos dedos.

  4. cóbado de captura [XEOG ]

    Ángulo pronunciado que forma un río cando penetra na conca doutro e fai súas unha parte das augas deste.

  5. cóbado de tenista/de tenis [PAT ]

    Afección caracterizada pola sensación de dor nas proximidades do epicóndilo lateral do úmero, ademais de epicondilite lateral, como resultado dun esforzo grande e pouco habitual. OBS: Tamén se denomina epicondialxia externa.

Sinónimos

Citas

  • A pel dos cóbados presenta moitas veces lesións en forma de placas
  • Todos os xerseis acábanme rompendo polos cóbados