clasificación

clasificación

clasificar

Plural: clasificacións
  1. s f

    Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.

  2. s f

    Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.

  3. s f

    Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.

  4. s f [BIBLIOT ]

    Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.

  5. s f [BIOL ]

    Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.

  6. s f [QUÍM ]

    Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.

    1. clasificación acústica

      Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.

    2. clasificación articulatoria

      Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.

    3. clasificación funcional

      Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.

  7. clasificación de manuscritos [FILOL ]

    Estudo previo e indispensable dos testemuños manuscritos dun texto co fin de establecer a edición crítica.

  8. clasificación radiométrica/espectral [ASTRON/XEOG ]

    Proceso de segmentación dunha imaxe dixital baseado nas características espectrais dos pixels.

Confrontaciones

catalogación

Citas

  • Ambos os equipos acadaron a clasificación para as semifinais da competición europea
  • O equipo local rematou a liga no terceiro posto da clasificación