cirrípede

cirrípede

lat cirru ‘rizo’ + -pede

Plural: cirrípedes
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cirrípedes.

  2. s m [ANIMAL ]

    Crustáceo da subclase dos cirrípedes.

  3. s m pl [ANIMAL ]

    Subclase de crustáceos mariños que se caracterizan por presentar o corpo e as patas cubertos por unha cuncha bivalva fixada ao substrato por medio dun pedúnculo. As patas están transformadas en cirros bífidos, cos que se alimentan. A esta subclase pertencen os arneiróns e os percebes.

Formas incorrectas

cirrípide

Palabras veciñas

cirrichar cirriforme cirrio cirrípede cirro cirro cirrocúmulo