chumbo

chumbo

lat plumbu ‘chumbo’

Plural: chumbos
    1. s [QUÍM ]

      Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.

    2. acetato de chumbo (II) [Pb(CH 3- COO) 2 ] [QUÍM ]

      Sólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

    3. arseniato de chumbo (II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ] [QUÍM ]

      Sólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.

    4. dióxido de chumbo [PbO 2 ] [QUÍM ]

      Sólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

    5. nitrato de chumbo (II) [Pb(NO 3 ) 2 ] [QUÍM ]

      Cristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.

    6. óxido de chumbo (II) [QUÍM ]

      litarxirio.

    7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ] [QUÍM ]

      Sólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

  1. s m

    Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

  2. s m fig

    Bala dunha arma de fogo.

  3. intoxicación por chumbo [PAT ]

    Cadro habitualmente crónico, propio dos traballadores do chumbo. Provoca a aparición dunha liña de cor azul nas enxivas, cólicos abdominais, alteracións vasculares e neuropatías. OBS: Tamén se denomina saturnismo.

Sinónimos

Confrontacións

proxectil

Citas

  • As ametralladoras botaban chumbos sen parar
  • Os chumbos da liña perdéronse e agora xa non podo pescar

Frases feitas

  • Caer como chumbo derretido. Dise do Sol cando quenta con moita forza.

Formas incorrectas

chombo, plomo