chumbo
lat plumbu ‘chumbo’
-
-
s
[QUÍM ]
Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.
-
acetato de chumbo (II) [Pb(CH 3- COO) 2 ]
[QUÍM ]
Sólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.
-
arseniato de chumbo (II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]
[QUÍM ]
Sólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.
-
dióxido de chumbo [PbO 2 ]
[QUÍM ]
Sólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.
-
nitrato de chumbo (II) [Pb(NO 3 ) 2 ]
[QUÍM ]
Cristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.
-
óxido de chumbo (II)
[QUÍM ]
litarxirio.
-
tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]
[QUÍM ]
Sólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.
-
s
[QUÍM ]
-
s
m
Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.
-
s
m fig
Bala dunha arma de fogo.
-
intoxicación por chumbo
[PAT ]
Cadro habitualmente crónico, propio dos traballadores do chumbo. Provoca a aparición dunha liña de cor azul nas enxivas, cólicos abdominais, alteracións vasculares e neuropatías. OBS: Tamén se denomina saturnismo.
Sinónimos
Confrontaciones
proxectilCitas
- As ametralladoras botaban chumbos sen parar
- Os chumbos da liña perdéronse e agora xa non podo pescar
Frases hechas
-
Caer como chumbo derretido. Dise do Sol cando quenta con moita forza.