cheo -a

cheo -a

lat plenu

Plural: cheos Masculino: cheo Masculino plural: cheos Feminino: chea Feminino plural: cheas
  1. adx

    Que ten a súa capacidade totalmente ocupada.

  2. adx

    Que ten moita cantidade dalgunha cousa.

  3. adx

    Que comeu ou bebeu abondo ou en exceso.

  4. adx fig

    Que está cansado de soportar unha situación determinada.

Citas

  • Cando chegamos, o bar estaba cheo de xente, O vaso estaba cheo de leite
  • Despois de tomar o cocido do Cebreiro quedamos cheos, Viña tan cheo do bar que case non podía falar
  • Estou chea de ter que esperar sempre media hora por el
  • Ten a casa chea de gatos, Ten o vestido cheo de lama

Frases feitas

  • Cheo de si. Fachendoso.

  • De cheo. Por completo.

Palabras veciñas

cheísmo cheminea chencha cheo -a chepa chepa chepudo -da