cheo -a
cheo -a
lat plenu
-
adx
Que ten a súa capacidade totalmente ocupada.
-
adx
Que ten moita cantidade dalgunha cousa.
-
adx
Que comeu ou bebeu abondo ou en exceso.
-
adx
fig
Que está cansado de soportar unha situación determinada.
Citas
- Cando chegamos, o bar estaba cheo de xente, O vaso estaba cheo de leite
- Despois de tomar o cocido do Cebreiro quedamos cheos, Viña tan cheo do bar que case non podía falar
- Estou chea de ter que esperar sempre media hora por el
- Ten a casa chea de gatos, Ten o vestido cheo de lama
Frases hechas
-
Cheo de si. Fachendoso.
-
De cheo. Por completo.