adición

adición

lat additione ‘aumento’ addere ‘engadir’

Plural: adicións
  1. s f

    Acción de engadir.

  2. s f

    Cousa engadida a outra.

  3. s f [MAT ]

    Operación que consiste en facer corresponder a cada parella de elementos dun conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Ten as propiedades conmutativa e asociativa.

  4. adición latente [FISIOL ]

    Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da mesma.

  5. composto de adición [QUÍM ]

    Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar unha molécula única.

  6. reacción de adición [QUÍM ]

    Reacción orgánica na que os elementos dunha molécula simple se adicionan sobre outra que contén un enlace dobre ou triplo.

Citas

  • Adición dunha pedra ao muro
  • Coa adición desta substancia, o composto será mortal